Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

DISTRIBUCION DAS AXUDAS SOLICITADAS A TRAVES DAS 4 LIÑAS DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL 2026 (PLAN + PROVINCIA) DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA.


22/05/2026.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

LIÑA I: OBRAS. (6 PROXECTOS)

1.- 2 ACTUACIONS MELLORAS AMBIENTAIS EN REDONDO E CARREIRAS, por un importe total de 22.476,13 €.

O concello pretende levar a cabo dúas actuacións puntuais de mellora en dous lugares concretos da zonaperiurbana do municipio, en Ullán e en Carreiras.

Obxectivos do proxecto

-          En Ullán, corrixir un problema de drenaxe das augas superficiais, xa que o pavimento pouco permeable de aglomerado asfáltico, xunto coa falta de pendentes no propio pavimento, provoca empozamentos das augas de chuvia, que xera inconvenientes.

 

-          En Carreiras resulta preciso neste momento xerar unha illa de colectores de lixo que mellora o espazo tanto dende un punto de vista funcional (trátase dunha zona cunha pendente importante) como ambiental.

2.- PROXECTO PAVIMENTACION CAMIÑO EN CARREIRAS. Por importe total de 33.674,64 €.

Preténdese acadar unha mellora no firme deste vial, así coma o seu ancheamento en puntos onde se poida realizar.

3.- ACHEGA PLAN INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS.

Solicitamos unha subvención por importe de 33.659,43 € con destino ao financiamento da achega municipal que ten que dispoñer este concello para a execución da actuación denominada “Obras de Adecuación e Mellora das Edificacións Auxiliares do Campo de Fútbol Ramón Diéguez”, que conta cun orzamento total de de 128.076,71 € (121.421,71 € de execución da obra; e 6.655,00 € de redacción do proxecto).

4.- ACHEGA PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA.

Solicitamos unha subvención por importe de 82.459,55 € con cargo á Liña I (investimentos) do “Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Mais Provincia) 2026”, que se corresponden ao financiamento da achega municipal que ten que dispoñer este concello para a execución da actuación denominada “Humanización e Mellora Integral dos Servizos en San Xulian de Requeixo, logo da subvención tramitada segundo as bases do Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria Plan – Extra tramitado a finais de 2025, que conta cun orzamento total por importe de 549.730,33 €.

5.- ACONDICIONAMENTO DA PLATAFORMA E HUMANIZACIÓN DA RÚA CARLÉS.

Tramitamos unha solicitude para sufragar a execución da actuación denominada “Acondicionamento da plataforma e humanización da rúa Carlés”, por un importe total de 71.258,22 €.

6.- PROXECTO MELLORA NA RUA RIAL

Solicitamos unha subvención por importe de 73.819,19, destinados ao financiamento da execución do proxecto denominado “Mellora e rehabilitación de beirarrúas e vía no Rial”, que conta cun orzamento total de 92.125,82 € (IVE Incluído); comprometendo a cantidade de 18.306,63 € coma achega municipal para completar o orzamento total do devandito proxecto.

 

LIÑA II: PROGRAMACIÓN DA FESTA DO CHURRO, ACTUACIÓNS NAS FESTAS DO CARME, E CURSOS FORMATIVOS EN 2026.

O Concello solicitou unha subvención con cargo a Liña II para o gasto corrente denominado Programación da Festa do Churro, Actuacións nas Festas do Carme, e Cursos Formativos en 2026, solicitando unha axuda por un importe total de 61.244,06 €.

 

LIÑA III: CONTRATACION PERSOAS DESEMPREGADAS

Noutra liña xa concedida: a liña III (Emprego), este concello solicitou e recibiu unha subvención con cargo á Liña III (emprego) do “Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Mais Provincia) 2026”, con destino ao financiamento da contratación de 3 traballadores/as desempregados/as dadas as necesidades, urxentes e inaprazables, de persoal en sectores, funcións e categorías profesionais indispensables para satisfacer as necesidades básicas da veciñanza e/ou para asegurar o funcionamento da entidade e dos seus órganos de goberno. 

Contratáronse os seguintes postos: 2 peóns de Obra Pública, a xornada completa;  e 1 peón de limpeza de edificios a xornada parcial (5h./dia). Ditas contratacións realizáronse dende o mes de marzo ate ó vindeiro 31/12/2025.

A subvención solicitada foi por un importe de 59.129,00 €; mentres que o custo total das contratacións é de 60.559,98 €,  polo que o Concello financiara estas contratacións con fondos propios 1.430,98 €, para as indemnizacións por fin de contrato non subvencionables, que sume o concello.

Posto que a cantidade concedida para esta liña era de 84.042,28, este concello acordou traspasar a cantidade sobrante (24.913,28 €) para a Liña II.


LIÑA IV: REDACION DE PROXECTOS DE TRANSFORMACIÓN DA MOBILIDADE EN ZONAS RURAIS E URBANAS

Este concello acordou solicitar o traspaso do diñeiro concedido nesta desta liña (10.943,01 €) a completar o importe da Liña I (os 6 proxectos de obras antes descritos).

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

PLENOS MUNICIPAIS

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Rueiro de Pontecesures

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Feria do Automóbil

REGULAMENTO DO MERCADO DE 2ª MAN EN PONTECESURES
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting