27/07/2011.- EVENTOS E ACTIVIDADES
ESTE VERÁN O TEU SANGUE É VIDA. COMPARTEO
O Concello de Pontecesures e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) impulsan unha iniciativa para promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón, e deste xeito, garantir a labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán. As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a:
PONTECESURES Mércores, 10 de agosto 2011. Unidade móbil na Prazuela xunto a Igrexa De 10.00 ás 14.00 e 16.00 ás 21.00 horas
Queremos amosa-lo noso agradecemento a todos os veciños e veciñas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde. O pasado ano 2010 solo houbo 281 doazóns no noso Concello, e necesario incrementar a participación para que Pontecesures continúe sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola OMS.
Como é sabido, no verán moitas persoas disfrutarán dunhas ben merecidas vacacións, pero os enfermos ingresados nos hospitais seguirán necesitando sangue todos os días..., para eles non hai vacacións. Nestas datas a doazón de sangue e aínda mais necesaria, grazas pola túa solidariedade e pola túa doazón de sangue.
Quero facer un chamamento para que participedes na campaña de doazón de sangue nestas datas. A falla de sangue pode ocasionar graves problemas, poñendo en perigo moitas vidas. Se tes mais de 18 anos non quedes indiferente e DOA SANGUE ... Son poucos os motivos que impiden doar sangue e moitas as razóns para facelo.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Para máis información no seguinte enlace podese consultar a web do CTG:
http://ctg.sergas.es
|