05/08/2011.- BANDOS MUNICIPAIS
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, por medio do IGVS (Instituto Galego da Vivenda e o Solo) ten aberta unha liña de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos Camiños de Santiago. En Pontecesures están incluídas nesta liña de axudas as vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués. Estas axudas son do 40% a cargo do IGVS –cun máximo de 5.000 €- e doutro 40% a cargo do Ministerio de Fomento –tamén cun máximo de 5.000 €-.
O prazo para solicitar esta liña de subvencións e dende o 5 de agosto e finaliza o 1 de decembro de 2011.
Para máis información pódense consultar as bases destas subvencións no Diario Oficial de Galicia nº 149 do 04/agosto/2011 na paxina web da Xunta de Galicia (na sección do Diario Oficial de Galicia):
http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Ou solicitar información no Departamento de Urbanismo na Casa do Concello.
|