|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DO CONSUMO DE ALCOHOL E TABACO NA XUVENTUDE |
30/08/2011.- EVENTOS E ACTIVIDADES PONTECESURES: XOVES 1 DE SETEMBRO 11.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL
OBRADOIROS SOBRE A PUBLICIDADE ENGANOSA DO TABACO E O ALCOHOL ““ROMPE CAS CADEAS DA PUBLICIDADE ENGANOSA”.
Dada a presencia de consumo de tabaco e alcohol na nosa mocidade, e os inicios das mesmas a idades cada vez máis precoces. Dende o Plan de Prevención das Drogodependencias, e seguindo unha metodoloxía lúdica e participativa que permita a aprendizaxe significativa, deseñamos e levaremos a cabo este Xoves uns OBRADOIROS SOBRE A PUBLICIDADE DO TABACO E O ALCOHOL que levarán por nome “ROMPE CAS CADEAS DA PUBLICIDADE ENGANOSA”.
Desta maneira continuamos coa labor realizada nos centros de ensino durante todo o curso escolar, na que a través de diversas sesión de obradoiros, charlas coloquio e clases maxistrais, informamos, orientamos, e asesoramos acerca do consumo das distintas substancias drogas, o seu uso, abuso e perigos, sempre dende unha reflexión co adolescente, en relación ós coñecementos e actitudes previos que este posúe sobre o tema.
Traballaremos en grupos homoxéneos segundo as idades, cunha metodoloxía activa favorecendo a comunicación, o diálogo, o respecto e fomentando a cooperación e o enriquecemento intelectual entre uns e outros, tendo sempre presentes os intereses, gustos, preferencias e idade dos participantes, aberta a calquera suxestión, cambio ou modificación, e que posibilite ao máximo o desenvolvemento persoal e de grupo.
En resumidas contas, con este evento o que se pretende é:
• Discusión en pequenos e grandes grupos. • Sesións activas e participativas. • Incrementar a concienciación sobre os efectos nocivos do tabaco e Alcohol. • Coñecer cales son os compostos do tabaco, de onde se saca e como se fai. • Coñecer o traxecto do fume desde a boca até os pulmóns e ver o seu nocividade • Coñecer os efectos reais do abuso do alcohol no organismo. • Reflexionar criticamente sobre os enganos publicitarios e as imaxes estereotipadas que vemos nos medios de comunicación.
|
|
|
|
|
|
|
|