13/04/2012.- EVENTOS E ACTIVIDADES
MOBILÍZATE
O Concello de Pontecesures convoca este certame de pequenas curtametraxes elaboradas con teléfonos móbiles dirixido a estudantes da ESO ou de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. A idade para participar neste concurso é de 12 a 20 anos.
Para o mellor desenvolvemento desta actividade levaráse a cabo a través do centros educativos.
Este concurso crease cos seguintes obxectivos: - Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado galego. - Promover o traballo en equipo. - Dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudiantil. - Empregar as novas tecnoloxías como un espazo para a creación.
O prazo de inscricións e de entrega das microcurtas é dende o 16 de abril ata o 15 de maio.
PREMIOS: (Serán entregados o 18 de maio no Concello de Pontecesures)
Lote de libros á mellor microcurta Lote de libros ao mellor guión Lote de libros á mellor interpretación Lote de libros á microcurta preferida do público
Descarga aqui o formulario de inscrición e as bases deste concurso:
|