26/06/2012.- NOVAS MUNICIPAIS
O concello de Pontecesures comparte ca cidadanía, e únese ó seguinte manifesto:
MANIFESTO PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA
|
Celebramos este ano a sétima edición da Campaña de Sensibilización Social “Panos Brancos Contra a Droga”, cos seus actos centrais en Ribeira. E non podemos facelo de mellor xeito, apoiados por toda a comarca do Barbanza e por todos os concellos de Galicia, chamados a participar a través de la FEGAMP e o Parlamento de Galicia.
Un ano máis, coincidindo co Día Internacional contra a Droga instaurado pola ONU, estamos aquí para dicir alto e claro que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes. E o facemos co símbolo das bandeiras brancas sobre as que imos asinar nosa aposta por unha vida saudable, unha vida que enriquece ás persoas, fronte a todo o negativo que supoñen as adicións ó alcohol e outras drogas.
A OMS considera que as drogas constitúen un dos principais problemas da humanidade a nivel mundial. Este grave problema agrávase en Galicia pola existencia de importantes redes criminais adicadas ó tráfico de drogas, sendo o narcotráfico a principal actividade do crime organizado na comunidade galega.
Para superar este grave problema debemos actuar en dúas frontes: reducindo a oferta –o narcotráfico- e reducindo a demanda ou consumo. E é aquí onde debemos deternos un instante para manifestar a necesidade de rematar dunha vez por todas coa banalización do consumo de drogas: non podemos pensar que consumir drogas non ten risco e que ademais resulta divertido. Porque é xustamente o contrario.
España é un dos primeiros consumidores de cocaína e cannabis do mundo, malia que as enquisas din que o nivel de consumo está contido; pero conter un problema non é resolvelo. Nin moito menos. Sirvan coma exemplo os demoledores datos facilitados pola ONU: preto de 200 millóns de persoas consumen drogas a lo menos unha vez ó ano. Deles, 25 millóns son considerados drogodependentes. Cada ano 200,000 persoas morren de enfermidades relacionadas coas drogas. Y iso é responsabilidade principalmente dos nosos gobernos, pero tamén de nós individualmente.
As persoas, as familias, os xóvenes… todos debemos tomar conciencia da gravidade do problema; das múltiples e perniciosas implicacións que comportan as drogas: destrucción persoal, familiar e influenza directa en actividades delictivas, por non citar tamén a relación entre drogas e a violencia de xénero, ou entre drogas e accidentes de tráfico, que tantas vidas nos custan. Hoxe sabemos que as drogas son as responsábeis de un de cada catro mortos en accidente de tráfico, por iso é tan importante a nova campaña da Dirección Xeneral de Tráfico, decidida por fin a acabar co consumo de drogas ó volante.
Fronte a estes consumos debemos potenciar a formación en valores, o deporte, a cultura e outros xeitos de ocio constructivo que axudan a formar persoas sas, optimistas, vitais, con forza interior e capacidade para dicir NON ás drogas e SÍ a unha vida plena.
Dende o análise da oferta, a batalla contra o narcotráfico, poñemos o acento na necesidade de axilizar e simplificar os procesos de incautación dos cuantiosos patrimonios que os narcos han obtido traficando con drogas.
A pesar dos esforzos e avances acadados nos derradeiros anos, o resultado final é que os narcos seguen a disfrutar de cuantiosos capitais e patrimonios sen intervir, algo especialmente grave nos actuais tempos de crise económica que a todos os cidadáns honrados nos toca vivir.
Así mesmo, preocúpanos tamén que, fronte á sensibilidade de xuíces e fiscais que traballan en primeira liña contra o narcotráfico, abunden en moitos máis casos do necesario sorprendentes pactos de conformidade que supoñen importantes reduccións de condena para grandes narcotraficantes. Os mesmos que delinquen unha e outra vez á espera de ser xulgados e –solo tal vez- condeados por vender veleno ós nosos xóvenes, a os nosos amigos, aos nosos veciños, ás nosas familias…á vista disto, non nos sorprende que moitos narcos opinen que paga a pena seguir neste sinistro negocio.
A lentitude da Xustiza, a falta de medios e nalgúns casos o descoñecemento da realidade do narcotráfico son tamén importantes problemas que lastran a eficacia do noso sistema xudicial, problemas que en boa medida pódense solucionar coa creación de Xulgados Especializados en Narcotráfico, a semellanza do que xa existe para combater outros graves problemas da nosa sociedade coma a violencia de xénero.
Para rematar queremos lembrar ós nosos gobernantes que nestes tempos de crise non se debe baixar a garda. Que no combate ás drogas non se deben detraer recursos porque a nosa sociedade non pode permitirse recortes nin en saúde nin en seguridade. Compre optimizar todos os recursos, sen dúbida, pero teñamos en conta que investir hoxe en prevención e seguridade, ademais de ser necesario, evitará gastos moito maiores no futuro.
Galicia, 26 de Xuño de 2012
|