08/04/2014.- NOVAS MUNICIPAIS  No día de hoxe, 8 de abril, saíu publicado no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) o texto íntegro da ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERIÓDICOS EN PONTECESURES.
Polo tanto, a partir de mañá 9 de abril xa se poderán tramitar as solicitudes de postos por parte dos vendedores ambulantes.
A documentación a presentar poderáse consultar na propia ordenanza e o modelo de solicitude pódese descargar dende hoxe na web municipal www.pontecesures.org no apartado de impresos e formularios.
AS AUTORIZACIÓNS E OS POSTOS CONCEDERÁNSE ATENDENDO Á ORDE DO REXISTRO DE ENTRADA NAS OFICINAS MUNICIPAIS (artigo 18. a) do regulamento).
|