|
Actualidade » Bandos municipais
|
|
CURSO DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN PONTECESURES: COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. |
22/07/2014.- BANDOS MUNICIPAIS Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2014 e/ou xaneiro e febreiro de 2015 na AULA T.I.C. do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures) e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 23 de xullo ata o 10 de setembro.
No seguinte enlace pódese descargar o modelo de solicitude de inscrición para participar no curso:
|
|
|
|
|
|
|
|