|
Actualidade » Bandos municipais
|
|
MODELO DE ALEGACIÓNS PARA REXEITAR A PROPOSTA DO MINISTERIO DE FOMENTO DA VARIANTE NA N.550 |
23/01/2015.- BANDOS MUNICIPAIS En relación coa APROBACIÓN PROVISIONAL DO ESTUDO INFORMATIVO: “CN-550. Variante de Padrón, Pontecesures y Valga. Clave EI2-PO-0023. Provincias de Pontevedra y A Coruña” (publicado no BOE de data 30/12/2014), comunícase a todos os veciños/as que teñen á súa disposición na Casa do Concello un modelo de alegación rexeitando á proposta do Ministerio de Fomento, tamén se pode descargar este modelo na web municipal www.pontecesures.org.
Ditas alegacións, unha vez cubertas cos seus datos persoais, deberán presentalas no Rexistro Xeral do Concello, sempre antes do vindeiro 6 de febreiro, data en que remata o período de exposición pública; recomendando non esperar ás datas finais para non saturar o rexistro municipal.
Tamén invítase á veciñanza a que asine igualmente o modelo de alegación redactado pola Plataforma Veciñal VARIANTE NON, que poderán asinala na Casa do Concello e nos comercios deste municipio.
Informase que non só poden presentar alegacións os veciños/as que presuntamente estarían afectados pola Alternativa4 seleccionada polo Ministerio, senón que poden facelo todas as persoas maiores de idade del calquer concello.
Espérase que polo ben do pobo se presenten o maior número de alegacións posibles.
|
|
|
|
|
|
|
|