07/06/2017.- EVENTOS E ACTIVIDADES 
Campamentos de verán organizados polo Concello de Pontecesures para nenos/as de 3 a 12 anos, dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto nas instalacións do CPI de Pontecesures.
4 quendas: 1-15 xullo, 16-31 xullo, 1-15 agosto e 16-31 agosto. A actividade do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.
Prezos:
· 25 € nenos/as empadroados/as en Pontecesures.
· 40 € nenos/as non empadroados/as.
· Descontos por 2 ou máis irmáns.
Prazos de solicitude:
· Para as quendas de xullo do 8 ata o 26 de xuño.
· Para as quendas de agosto do 1 ata o 23 de xullo.
· Posibilidade de anotarse en varias quendas (ou en todas).
Máis información e presentación de solicitudes nas oficinas centrais do Concello de Pontecesures.
|