Os vindeiros días 10 e 11 de outubro, celebraremos os 90 anos da segregación do concello de Pontecesures de Valga e a súa declaración como entidade municipal propia.
Dentro das actividades que, dende o concello de Pontecesures, se están a preparar, vaise realizar un roteiro histórico-cultural. Non será unha andaina nen unha visita guiada ó uso; faremos un repaso pola nosa herdanza histórica rescatando do olvido aqueles lugares que, físicamente, fai tempo que desapareceron pero que un día deron lustre ó nome do noso pobo: a leprosería da rúa nova; as figuras de persoaxes excepcionais como Maside ou os Otero Acevedo; as feiras do automóvil; o porto de Pontecesures; a cerámica celta...e máis.
A visita partirá da Biblioteca Municipal (onde se ubicou a primeira casa consistorial), discurrirá por tramos comodos e fáciles xa que se faran polo propio pobo; ten unha duración estimada de dúas horas e apta para todos os públicos e idades. Será realizada por un guía profesional de acreditada experiencia. En principio, establécese unha quenda de 17:00 a 19:00 pero, en función da xente que se anote, poderase variar este horario para adáptalo ó total de participantes. Calquera modificación será oportunamente comunicada.
Prazo de inscrición ata o 8 de outubro nas oficinas municipais da Casa do Concello.