Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
 

Qué Visitar » Patrimonio

Patrimonio

Ampliar Foto...
O Alfolí - (C) CRTVG
O Alfolí
Edificio barroco do século XVIII, destinado á almacenaxe de sal, tabaco, xofre...
Testemuña da importancia de Pontecesures na época ao ser o único porto habilitado para a descarga de sal desde 1467. En 1990 sofre o incendio que destrúe todo o interior. Conserva na fachada o escudo borbónico e o seguinte texto: “LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TAVACO CONSTRUIDOS EN EL AÑO DE MDCCVC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV".




Ampliar Foto...
O Coche de Pedra.


O coche de pedra

1985

En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O coche de pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Renault Freder. Manuel Castelo representa, labrado en granito, aquel que fora exposto na primeira e segunda edicións da Feira do Automóbil de Ocasión sobre un pedestal de ladrillos.

Da man da xente do lugar, representada por Eugenio Escuredo Lastra e Salvador Sierra Trasande, Pontecesures foi, en 1925, a primeira localidade española en organizar unha feira de automóbiles de ocasión, tomando como exemplo a de Leipzig, en Alemaña, unha das máis importantes da época a nivel mundial.


Ata ese momento todas as realizadas en España eran mostras de vehículos novos. A raíz do éxito da feira organizáronse outras similares en 1926, 1950 e 1954.

Ampliar Foto...
Capela de San Xulián
Capela de San Xulián
Capela románica feita construír polo Bispo Xelmírez, cunha remodelación no 1918 na que se atoparon restos romanos, que foron catalogados polo Museo Provincial de Pontevedra.

Ampliar Foto...
A Ponte
A Ponte
Construída no século I, con remodelacións posteriores (a máis importante deseñada polo Mestre Mateo no século XII). Consta de dez arcos sobre o río Ulla e une as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Ampliar Foto...
Cruceiro do Porto
Cruceiro de Porto
Cruceiro do século XX que se atopa na Praza dos Valeiros, no lugar de Porto.

Ampliar Foto...
Fito Xacobeo
Fito Xacobeo
Inaugurado o 21 de agosto de 1966 con motivo da Ruta Fluvial Xacobea a través do Río Ulla.

Ampliar Foto...
Cruceiro de Carreiras
Cruceiro de Carreiras
Data do ano 1747. No nacente figura a imaxe da Raiña dos Anxos, patrona do lugar.

Ampliar Foto...
Cruceiro de San Xulián
Cruceiro de San Xulián
Cruceiro do século XIV que pertenceu á desaparecida capela de San Lázaro. Cabe sinalar que a capela formaba parte da Malatería ou Hospital de Leprosos, tamén chamado Obra Pía de San Lázaro.




SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting